PALESTRA INFORMATIVA DE AFECTADOS POLA COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA
Venres 28 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cultural
Este venres 28, no Centro Cultural da Guarda, a Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes da Guarda, celebraremos unha palestra informativa sobre a problemática que estamos a sufrir mais de 40 veciñ@s desde hai 3 anos, con esta Comunidade.
3 anos tentando exercer o noso xusto dereito a ser comuneir@s do noso monte, 3 anos de mentiras e de falsas promesas e 3 anos de irregularidades de todo tipo.
Se és veciñ@ da Guarda achégate e infórmate sobre os teus dereitos como comuneir@.
Vamos devolver o monte ao pobo.
O monte é de tod@s!
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario