13 de maio de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda sigue avanzando na protección a mulleres vítimas de violencia de xénero 

• A través do Sistema VioGén, que ten coma obxectivo dar competencias á Policía Local en materia de protección ás vítimas de violencia de xénero  


O alcalde de A Guarda presidiu a reunión na que se tratou sobre o Sistema Vioxén
Foto: C.A.G.

           Infogauda / A Guarda

 Membros do equipo de goberno municipal do concello de A Guarda reuníronse este xoves na Casa do Concello, coa xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para tratar diversos temas relativos ao Sistema VioGén, polo cal a Policía Local tería competencias na protección das vítimas de violencia de xénero. 

 Na reunión estiveron presentes Manuela Villaboy, xefa da Unidade contra a violencia de xénero, da Subdelegación do Goberno de Pontevedra; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, o xefe accidental da Policía Local, Pablo Álvarez, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), de A Guarda, Yolanda Villaverde. 

Sistema de seguimiento integral en los casos de Violencia de Género (Sistema VioGén), da Secretaría de Estado de Seguridad del Ministerio del Interior, ten, entre outros obxectivos, aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero; e facer predición do risco; efectuar un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do "Subsistema de Notificacións Automatizadas", cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima. Buscando, finalmente, establecer unha tupida rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio nacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario