A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SALCIDOS REALIZA LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS NO MONTE TORROSO
Infogauda / Salcidos
Dentro do plan de prevención de incendios, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos, contratou a empresa de desbroces Elías González, desta localidade, para limpar 2,50 m. de franxa, a cada beira das pistas forestais do monte Torroso,
Asemade pola empresa Vialsa, tamén desta localidade, estánse levando a cabo as obras de construcción dun punto de agua, con capacidade para 60 M3, tamén para prevención de incendios.
En ambos casos, segundo indican desde a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos, que preside Joaquín Cividanes Álvarez, cóntase en parte con subvención da Conselleria de Montes, sendo o restante a cargo desta Comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario