17 de abr. de 2021

O ROSAL

Máis dunha vintena de persoas participou nos cursos de apicultura no Rosal  

· Promovidos por Marcos Rodríguez Portela,  de Apicultura Niño do Corvo 

Monitores e participantes no curso organizado por Apicultura Niño do Corvo
Fotos: A.N.do C.

Infogauda / O Rosal

 Entre o 8 e o 11 de abril de 2021, máis dunha vintena de persoas participaron nos diferentes cursos de apicultura realizados no Rosal en colaboración entre www.cursosapicultura.com e Apicultura Niño do Corvo. 

 Na xornada do xoves 8 de abril realizouse o Curso de Sanidade, no que os  participantes tiveron a oportunidade de aprender a tratar e previr as enfermidades máis comúns nas colmeas. 

 O venres día 9 de abril tivo lugar un Curso de Alimentación, onde se explicaron os principais conceptos para salvar as colmeas cunha alimentación correcta,  ensinando aos participantes para facer os seus propios alimentos apícolas. 

 Durante as xornadas do sábado 10 e domingo 11 de abril realizouse un Curso de Iniciación á Apicultura no que os participantes puideron aprendelos conceptos básicos do mundo da apicultura, ademais de tela oportunidade de visitar  colmenares de Apicultura Niño do Corvo no Rosal. 


Vista parcial dunha aula co monitor e asistentes ao curso de apicultura impartido no Rosal

 Desde Apicultura Niño do Corvo e www.cursosapicultura.com agradecemos a todos os participantes a confianza depositada en nós, esperando cumprir os  obxetivos marcados e esperando repetir esta gran experiencia proximamente, afirmou o apicultor e emprendedor Marcos Rodríguez Portela,  

 Apicultura Niño do Corvo é unha empresa situada no Rosal - rúa Ramón Franco nº 21 (36770) O Rosal (Pontevedra) -, dedicada á venda de material, formación e asesoramento para apicultores e para persoas que lles guste e quéiranse iniciar no mundo da apicultura. 

 Na actualidade elabora o mel de bosque “Niño do Corvo”, proveniente do máis dun centenar de colmeas que posúe a empresa en zonas  boscosas da comarca do Baixo Miño, o xardín do sur da provincia de Pontevedra. 

 Tamén  conta coa súa tenda en liña en www.apiculturagalicia.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario