VELA
Deportistas do Club Alagua participaron na Copa de España de Vaurien
Maruxa Sío, do Club Alagua, que competiu xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, por Vertigo Sailing, rematando coma subcampioas da Copa de España da categoría feminina
Infogauda / A Guarda
Do 1 ao 4 de abril celebrouse en augas de As Pontes, a Copa de España de Vaurien, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club Deportivo Alagua de A Guarda.
Aínda que na regata do venres acadaron un 1º posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que houbo nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do club guardés ata o 4º posto, quedándose ás portas do pódium.
Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua, que competiu xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, por Vertigo Sailing, rematando coma subcampioas da Copa de España da categoría feminina.
Dende o Club Alagua destacaron: “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”
O concello de A guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario