16 de abr. de 2021

A GUARDA

Primeira reunión de traballo coas persoas participantes no Banco Municipal de Voluntariado 



 

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal a vén de comunicar que onte día 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de persoas inscritas no Banco Municipal de Voluntariado do Concello de A Guarda. 

 As mesmas fontes salientaron que "esta reunión procuraba dar a benvida e agradecer ás persoas o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto, e iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre todas/os percibimos como necesarias. 

 Así e tras debuxar un percorrido por distintas accións levadas a cabo polo concello na área de voluntariado e escoitar as propostas e ideas das persoas voluntarias, sinalamos dúas accións ás que darlle forma a través de accións de voluntariado: 

 Unha acción situada no ámbito da intervención social e que sería a de acompañamento a persoas maiores que viven soas ou que están moito tempo soas, e coas que interverían en espazos de ocio e sociabilización. 

 A outra acción sería unha actividade de medioambiental, como a recollida de lixo en praias e a súa posterior transformación dese lixo nalgunha representación artística, como un elemento de concienciación. 

 O seguinte paso será ofertar unha formación específica para este grupo de voluntarias e voluntarios tratando de facilitar ferramentas para axudarlles a desenvolver estas accións e paralelamente desenvolver estas ideas/accións para a súa posterior posta en marcha. Convidamos e animamos ás  persoas que así o desexen, a  unirse a este proxecto de participación que agardamos que siga crecendo". 

 As persoas que desexen máis información poden dirixirse a OMIX de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario