26 de mar. de 2021

TURISMO

A Guarda presente na Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra

 

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, foi convidado para recoller o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continuada da calidade das empresas turísticas distinguidas - Fotos: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

 O pasado mércores 24 marzo celebrouse no Auditorio Mar de Vigo a Gala Anual da Deputación de Pontevedra onde foron nomeados aos sete restaurantes Estrela Michelin da provincia como embaixadores de Rías Baixas. 

 Ademais esta Gala é o evento para recoñecer ás 136 empresas distinguidas co selo do Sistema Integrado de Calidade en Destinos Turísticos (SICTED) dentro do destino Pontevedra-Rías Baixas.  

 


 

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, foi convidado para recoller o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continuada da calidade das empresas turísticas distinguidas. A Oficina de Turismo de A Guarda e as praias de Area Grande e O Forte (Camposancos) renovaron o distintivo SICTED ata 2022 trala auditoria satisfactoria de agosto do ano pasado. Ademais no Concello de A Guarda contamos con 10 establecementos turísticos xa distinguidos ou que tamén renovaron: 

Aloxamentos: 

•    Albergue O Peirao 

•    Camping Santa Tecla 

•    Hotel Apartamento Marouco 

•    Hotel Vila da Guarda 

Restaurantes: 

•    Casa de la Abuela 

•    Celtic 

•    O Cangrexal 

•    Marusía 

•    Xantar 

Bar: 

•    La Botica  

 

 O 31 de marzo remata o prazo de adhesión ao proxecto SICTED para este 2021 polo que si algunha empresa ou servizo está interesada pode contactar coa Oficina de Turismo de A Guarda.  

Sobre o distintivo 

 A Deputación de Pontevedra financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación. Ademais a Xunta puntúa este distintivo de calidade na valoración de méritos de axudas e subvencións. 

 O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 33 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.   

 A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha evaluación anual de seguimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario