A Guarda súmase este sábado á “hora do planeta” apagando a luz de varias rúas e prazas
O Concello súmase a esta iniciativa simbólica en favor da natureza e na loita contra o cambio climático
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda súmase este sábado 27 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF a prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o equipo de goberno local apagará as luces de todos os seus edificios e sedes, uníndose a esta iniciativa da ONG pola que milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático.
En concreto na Guarda, o Concello apagará as luces nas rúas Galicia, Puerto Rico, Vicente Sobrino, Pacífico Rodríguez, Joaquín Alonso (Praza Nova), Cervantes, praza do Reló e praza de Juan Bautista Alonso Español (Monte Real).
A “Hora do Planeta” serve para demostrar que a todas e
todos impórtanos o planeta e de que xuntos somos parte da solución ao
cambio climático e á loita pola conservación da natureza. O obxectivo é
actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a
das xeracións vindeiras.
O 2021 é o inicio dunha década clave para a biodiversidade e a defensa da natureza, con grandes citas mundiais como a Cumbre da Diversidade Biolóxica de Kunming, que celebrarase en maio, e a Cumbre do Clima de Glasgow, que terá lugar no mes de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario