Concentración do cadro de persoal de RTVE en Galicia
Tivo lugar na mañá de hoxe diante dos centros de traballo, en protesta contra o proceso de renovación do Consello de Administración de RTVE
Concentración en Santiago, diante do Centro Territorial de RTVE en San Marcos
Concentración enA Coruña, na entrada principal do edificio da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez
Concentración en Lugo
Suso Rivas* / Galicia
En protesta polo xeito en que se resolveu o concurso público que en lugar de respetar o traballo feito polo Comité de expertos, acabou nun "cambio de cromos", un xeito o que xa nos teñn habituados/as; os traballadores e traballadoras de RNE e TVE en Galicia rexeitamos o proceso de renovación do Consello de Administración de RTVE, que culminou este luns coa publicación no BOE dos nomes dos novos conselleiros e conselleiras.
Malia as promesas de despolitización da radio e a televisión públicas, unha vez máis as formacións políticas estatais optaron pola designación de cargos en base a cotas partidistas. De nada serviron as promesas de impulsar un concurso público, baseado na traxectoria, mérito e capacidade dos candidatos, coa fin última de garantir a independencia de RTVE.
Para amosar o noso total rexeitamento a este reparto da “torta” da radio e televisión públicas estatais, concentrámonos este mércores diante dos nosos centros de traballo
*Membro do comité de empresa de RTVE-Galicia pola CGT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario