ATLETISMO
Mª EMILIA RODRÍGUEZ BAZ, DE A GUARDA, LOGRA A MEDALLA DE OURO E RÉCORD AUTONÓMICO
NOS 3.000 METROS LISOS DE MARCHA
Mª Emilia Rodríguez Baz (Milu), no máis alto do podio correspondente a proba dos 3.000 metros lisos marcha
Informa (fotografía e redacción): Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, nosa atleta María Emilia Rodríguez Baz (Milu), participou no Campionato Galego de medio fondo máster 2021, competindo na proba dos 3.000 metros lisos marcha.
Un campionato que quedou un pouco deslucido pola baixa participación como vén sendo habitual nos últimos anos tanto en probas territoriais, autonómicas ou nacionais en pista ou en roteiro, coa participación de 6 atletas femininas e 2 masculinas.
A proba que se disputou mixta paralelamente, ás 9:40 h da mañá, onde nosa atleta entrou en 1ª posición cun tempo formidable de 16´ 02" 64, conseguindo o título de campioa galega Máster 45 máis récord galego da categoría, mellorando a súa anterior marca persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario