8 de mar. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

Dúas pratas e dous bronces para a Sociedade Atlética do Trega 

No Campionato Galego de medio fondo e fondo Sub18 –Sub16

                         Carmen Magallanes, Uxía Rodríguez e Elisa Rodríguez
 

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana as pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acolleron o campionato de Galicia de medio fondo e fondo Sub18- Sub16, que se disputou ao aire libre onde vén substituíndo ao galego de pista cuberta, debido á pandemia, non podendo celebrarse en instalacións pechadas, as carreiras de medio fondo e fondo en toda Galicia. 

 Os participantes neste campionato foron os mellores 24 atletas clasificados por marcas mínimas situadas na clasificación galega. 

 A tomiñesa Uxía Rodríguez Huerta participou na proba de 800 m femininos Sub18, entrando en meta cun existro de 2´ 23" 57, proclamándose subcampioa galega e levándose a prata para casa. 

 A segunda medalla de prata logrouna a atleta guardesa Marcela Morgado Rodríguez, que disputou a proba dos 1.500 ml. Sub18 feminino, que entrou en meta nun  apretadísimo sprint final cunha marca de 4´ 59" 16 cedendo o ouro tan só por unha décima, conseguindo o subcampeonato galego . 

 Elisa Morgado Rodríguez participou na proba dos 1.000 ml Sub16, entrando en meta en 3ª posición, facendo un impresionante rexistro, parando o crono en 3´ 08" 02 mellorando a súa marca mínima e conseguindo a medalla de bronce. 

 E o outro bronce logrouno outra guardesa Carmen Magallanes Pérez, que disputou os 3.000 ml na categoría Sub16 feminino, mellorando tamén a súa marca mínima, pegándolle un bo recorte de segundos nin máis nin menos que medio minuto, facendo un sensacional tempo de 11´ 14" 08. 

 Destacar que todas estas atletas son noveis na nova categoría, a pesar de que non chegaron no seu mellor momento de forma, por mor de non poder adestrar en grupo, por falta de medios ou instalacións debido aos peches perimetrais reducindo así a menos todo o  tempo e dedicación necesarios para a súa preparación, pero non impediu que se lograsen estes fantásticos resultados, onde o club  valora que competiron nun bo nivel, pero quere que sigan aprendendo e formando a súa proxección atlética. 

 Agradecer ao Concello do Rosal por deixarnos de novo adestrar en grupo. Mil grazas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario