VECIÑOS DO ROSAL DEMANDAN AXUDA
· POR CAUSA DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA XERADA POLO TRÁFEGO DO VIAL TUI-A GUARDA
José Benito Guerreiro Álvarez é un dos veciños afectados polo VAC- Foto: Infogauda
Son Benito Guerreiro, un dos veciños do Rosal afectados polo VAC ó seu paso polo Rosal.
Envío este correo as alcaldías dos concellos do Baixo Miño, autoridades, membros de partidos políticos, responsables de medios de comunicación, empresarios e persoas que forman parte de institucións públicas, sociais,…
Levábamos moito tempo, sobre todo as fins de semana, en silencio e disfrutando dunha calidade de vida similar a que tiñamos antes de que o VAC Tui-A Guarda arrasara o val do Rosal e condenara a moitos veciños coma min a vivir baixo uns niveis de ruído incompatibles coa vida e que nos están provocando problemas de saúde, ademáis doutros problemas como a falla de agua, fallos na rede de sumidoiros, dificultades para regar as leiras,…, e que están provocados por unha deficiente execución das obras.
O final do confinamento convertiu o día de onte nun inferno para nós, con miles de vehículos e uns niveis de ruído espantosos, provocados sobre todo polas motocicletas, as altas velocidades, o ruído dos motores de vehículos de gran cilindrada,…, ós que hai que añadir un dos ruídos que máis nos afecta: o provocado polos vehículos que pisan as líneas corrugadas centrais e laterais, algo que sucede muitas veces debido a que os carrís de circulación son bastante estreitos e a nada que un conductor se despiste pisa ditas raias, sobre todo os camións e grandes vehículos.
Para nos, vivir así é un inferno, unha inxustiza e o VAC Tui-A Guarda é un problema de saúde pública, para nós e para as futuras xeracións.
É unha obra mal feita e que vulnera o Artículo 103.1 da Constitución Española, en relación a que o interés público non pode vulnerar os dereitos fundamentais máis alá do razoable.
No exterior das nosas casas - vivimos nunha zona rural e as nosas casas teñen finca -, para falar entre nós temos que facelo a berros ou entre coche e coche e sin poder manter unha conversación fluída.
A maior parte do tempo temos que permanecer calados, porque non nos escoitamos e polo tanto considero que están vulnerando un dereito fundamental máis alá do razonable.
Ademáis de non poder falar ou manter unha conversación de maneira fluida creo que tamén se está vulnerando o noso dereito a intimidade, non sei se temos dereito a ela.
Pasamos de estar totalmente illados, vivindo no noso pequeno bosque a que cualquiera que pase pola carretera poida mirarnos.
Gran parte dos xardíns e os exteriores de dúas casas do Camiño dos Sobreiros e os dunha do Camiño da Fonte do Ouro, ahora están expostos a visión de calquera que pase pola estrada, fin da intimidade.
E no Informe Técnico da obra pon que unha vez o VAC fose posto en funcionamento, procederíase a realizar un estudo acústico para determinar se era necesario instalar algún tipo de protección.
Ese estudo nunca foi feito, solo recentemente se fixo un informe técnico, sin instalar ningún sistema de medición, e de momento non coñecemos os resultados do mesmo.
Hai zonas habitadas donde non se colocou ningunha mampara, como é o caso da zona dos Sobreiros e a Fonte do Ouro e noutras, como a dos Lagos, donde se colocaron, pero como se instalaron de maneira deficiente e algunhas caíron a estrada, retiraron moitas delas e non teñen previsto volver a instalalas.
A Valedora do Pobo está faendo todo o que está nas suas mans para axudarnos, pero desde a Consellería de Infraestructuras gardan silencio e néganse a contestar as nosas solicitudes entregadas por Rexistro.
Castígannos co seu silencio, a súa indiferencia e unha falla total de empatía.
Levamos anos sufrindo as consecuencias dunha obra mal feita.
Se vostede, desde o cargo que ostenta ou a nivel particular, pode axudarnos, agradeceríamos que fixera o que estivera nas sús mans.
Necesitamos axuda.
Benito, podémosche asesorar dende www.sonen.es :)
ResponderEliminar