18 de mar. de 2021

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

Comeza a competición na Liga Autonómica de Hockey Liña 

O vindeiro domingo día 21 de marzo é o día escollido para a estrea do equipo guardés na Liga galega de Hockey Liña 

 

       Compoñentes do equipo A Guarda Hockey Liña - Foto: Miguel Fernández Lomba
 

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O vindeiro domingo día 21 de marzo é o día escollido para a estrea do equipo guardés na Liga galega de Hockey Liña. A cita será no Pazo dos Deportes de Riazor, da Coruña e a xornada botará a andar co equipo feminino as dez da mañá para continuar a unha da tarde co equipo masculino. Ámbolos encontros serán contra o clube local ADC Alquimia InLine e polas especiais condicións da pandemia os partidos disputaranse a porta pechada.  

 Esta tempada trae moitas novidades, principalmente pola pandemia da Covid-19 e sustancialmente pola histórica falta de instalación deportivas municipais da nosa Vila. Debido a estas circunstancias e por non poder compartir xogador@s co Clube Vigo Blue Ringed, este ano, excepcionalmente tomouse a decisión de competir en tódalas competicións oficiais baixo o nove do clube vigués, para por unha banda poder xogar en Vigo sen trabas legais, e por outra, manter os grupos burbulla dos protocolos da Covid.   

 Un ano estrano e un pavillón municipal inexistente condicionan mais que nunca un proxecto plenamente asentado na nosa Vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario