17 de mar. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda mellora espazos axardinados na estrada de Circunvalación 

•  Os traballos foron realizados polo Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U. Servizos Integrales de Xardinería

 

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, técnicos municipais e persoal do Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U., nun dos lugares de axardinado na estrada de Circunvalación - Foto: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

 Na mañá de onte, martes día 16 de marzo de 2021, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Medio Ambiente, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; técnicos municipais de Medio Ambiente e persoal do Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U. Servizos Integrales de Xardinería, desprazáronse ata a estrada de Circunvalación onde verificaron in situ os traballos realizados correspondentes ao proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na devandita estrada ao seu paso polo barrio da Cruzada. 

 O equipo de goberno local do concello encargou a proposta de mellora do axardinamento nesta estrada ao Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U. xa que seu persoal conta cunha ampla experiencia na zona debido a que desenvolve labores de mantemento na mesma. 

 Esta actuación conlevou plantación de preto de 90 exemplares (magnolios, hortensias, figueiras, érbedos, entre outras especies arbóreas e arbustivas), elixidos especialmente para estes espazos polas súas características e o seu mantemento, atendendo tamén a criterios biolóxicos, ecolóxicos, estéticos e económicos. A hora de redactar a proposta a empresa tivo en conta que a actuación está moi condicionada pola influencia dos ventos mariños e a salitre. 

 Os traballos realizáronse nun total de 6 tramos, dende o colexio público Manuel Rodríguez Sinde ata a altura do nº 99 da estrada de Circunvalación, actuando en ambas as dúas marxes dese vial. 

 A esta  mellora do axardinamento na zona da Cruzada hai que engadirlle as actuacións que o concello está desenvolvendo noutros espazos da localidade. Dese xeito estánse replantando varias árbores ao carón da zona escolar da Sangriña, na Armona  e en varias rúas da localidade,  e foi realizada unha mellora de axardinamento no inicio da rúa Irmáns Noia Xil. 

 Desde o equipo de goberno local salientan que "o concello da Guarda segue incrementando os espazos verdes en liña coa procura  da mellora paisaxística  da localidade".

Ningún comentario:

Publicar un comentario