18 de mar. de 2021

A GUARDA

O BNG DA GUARDA APOIARÁ AS AXUDAS PARA A HOSTALARÍA E OUTROS SECTORES AFECTADOS POLO PECHE OBRIGATORIO  

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello:De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis  e non dependerían en exclusiva das  achegas da Deputación

 

          Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
  

 Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Anxo Lois Baz Vicente, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda vén de referir: Pese a imposibilidade de incorporar melloras sustanciais ao documento achegado polo goberno municipal, o BNG apoiará as bases de concesión de axudas para os/as afectados/as polo peche obrigatorio do mes de xaneiro na hostalaría e outros sectores  porque son vitais para a supervivencia dos negocios.  

 O grupo de goberno do PSOE imposibilitou calquera posíbel mellora do texto por parte dos grupos da oposición, negándose a recoller as súas aportacións coa escusa de axilizar o proceso.  

 As emendas presentadas polo BNG e que previamente foron consensuadas co sector propoñian:  

● Engadir o mes de decembro de 2020 dentro do periodo xustificativo de perdas dado que o peche encuberto  xa se viña padecendo desde ese mes.     

Aumento do importe máximo da axuda por establecemento dos 700 €  aos 1.000 €, aumentando  o orzamento de 55.000 € a 70.000 €. Hai que ter en conta que desta cantidade o Concello recibe 30.000 € directamente da Deputación para este fin. Os 25.000€ restantes tamén proceden do Plan Concellos da Deputación. 

● Ponderación dos plazos de xustificación en base a carga de traballo das asesorías e a urxencia das axudas.  

 O  portavoz municipal do  BNG Anxo Lois Baz lamenta que “o goberno guardés a pesar de chamarnos a negociar estas bases presentouse con unha proposta pechada de antemán facendo da pretendida negociación unha pantomima na que xa tiñan decidido o resultado final”.  

 Dende o BNG láianse tamén da falta de previsión do goberno municipal, que non contemplou nos orzamentos do Concello aprobados recentemente ningunha partida para  situacións como esta  que son previsibeis  en tempos de pandemia. 

 De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis  e non dependerían en exclusiva das  achegas da Deputación 

 Con todo - engade Anxo Lois Baz -, o BNG adianta o seu posicionamento favorábel a estas axudas para quitar adiante calquera iniciativa que  beneficie os sectores máis perxudicados por esta crise como xa fixemos con anterioridade coa batería de propostas  aprobadas a instancias do BNG  despois do confinamento: rebaixa da taxa do lixo, gratuidade das taxa das terrazas,   desconto nas licenzas de apertura, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario