24 de mar. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda informa da suspensión das procesións de Semana Santa 2021 

• O párroco informou ao alcalde da suspensión das procesións e Vía Crucis de Semana Santa

 

Como aconteceu en 2020, esta imaxe - de arquivo - non se poderá documentar na Semana Santa deste 2021 - Foto: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

  O equipo de goberno municipal do Concello guardés vén de facer público o seguinte comunicado:

 "O Concello de A Guarda, despois de ter mantido conversas co párroco da vila, informa á cidadanía que na Semana Santa de 2021 non se realizarán as tradicionais procesións e actividades ao aire libre coma os Vía Crucis debido á situación sanitaria actual. 

 Trátase dun exercicio de responsabilidade para mitificar os efectos da pandemia e evitar novos contaxios entre a poboación nunhas actividades que, pola súa natureza, conlevan aglomeracións de persoas. 

 Os actos litúrxicos como as misas ou rosarios, manteranse sempre coas medidas sanitarias vixentes en cada momento".

Ningún comentario:

Publicar un comentario