BENVIDAS ÁS ÁRBORES NA ESTRADA DE CIRCUNVALACIÓN
· Se queremos que medren, haberá que regalas
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, o equipo de goberno do Concello de A Guarda, encomendou á empresa Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U. Servizos Integrales de Xardinería os traballos correspondentes ao proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de Circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada.
A devandita actuación conlevou - segundo indicou o executivo local - a plantación de preto de 90 exemplares (magnolios, hortensias, figueiras, érbedos, entre outras especies arbóreas e arbustivas), elixidos especialmente para estes espazos polas súas características e o seu mantemento, atendendo tamén a criterios biolóxicos, ecolóxicos, estéticos e económicos. A hora de redactar a proposta a empresa tivo en conta que a actuación está moi condicionada pola influencia dos ventos mariños e a salitre.
Os traballos realizáronse nun total de 6 tramos, dende o colexio público Manuel Rodríguez Sinde ata a altura do nº 99 da estrada de Circunvalación, actuando en ambas as dúas marxes dese vial.
A día de hoxe, o fermoso aspecto que presentan as zonas de intervención motívannos a propoñer que desde o Concello de A Guarda non se descoide á atención ás árbores e os arbustos que o persoal da empresa Centro Especial de Emprego San Jerónimo, S.L.U. implantou nas beiras dese vial. A atención que suxerimos desde agora mesmo, sen demora, non é á poda, á formación ou o abonado, que iso é labor dos profisionais, senón o rego á hora oportuna, por parte do personal municipal correspondente, para que ás árbores e arbustos arraiguen e non perezan por falla de hidratación.
E noutro orde de cousas, pois o emprazamento é outro - Alameda da vila - suxerimos, que os camelios que están rodeados polo parque infantil sexan debidamente atendidos, pois notamos que non presentan o mellor aspecto que sería desexable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario