O PSdeG-PSOE de A Guarda levará a pleno a gratuidade das peaxes
De Puxeiros na AP-9, e a AG-57 do Val Miñor
Infogauda / A Guarda
A executiva do PSdeG-PSOE de A Guarda presentou esta mañá no no rexistro de entradas do Concello “unha moción sobre a gratuidade da AG-57 e o tramo de Puxeiros da AP-9, para mellorar as comunicacións da vila ca súa cidade de referencia, Vigo” .
A secretaria xeral da Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda, Mª Montserrat Magallanes Álvarez explicou que “na moción solicitamos a gratuidade das dúas peaxes que nos permiten chegar con maior premura a Vigo, a do tramo da AP-9 en Puxeiros e a AG-57 do Val Miñor, asi como a finalización, dunha vez por todas, da VAC entre A Guarda e Tui”.
As socialistas esixen a gratuidade do tramo da AP-9 Tui – Vigo “xa que por traballo, estudos ou calquera outra necesidade, moita xente recorre a el para chegar antes, debido tamén a falta de seguridade no tramo gratuito que discorre en paralelo. Este tramo da AP-9, do que esiximos a gratuidade, é o terceiro máis caro en €/km percorrido.”
Por outra banda, no caso da AG-57, que pasa polo Val Miñor “é unha vía de referencia para chegar ao Hospital Álvaro Cunqueiro, nun tempo razonable e en mellores condicións de seguridade viaria, polo que entendemos que tamén debería ser gratuito.”
Por último, a moción tamén volve recoller “a finalización, sen máis atrasos por parte da Xunta de Galicia da Vía de Alta Capacidade entre A Guarda e Tui, unha demanda histórica da nosa agrupación, como pilar do desenvolvemento social e económico da nosa vila e contorna. Levamos máis de cinco anos reclamándolle á Xunta de Núñez Feijóo que remate dunha vez esta infraestructura”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario