A unidade móbil de doazóns de sangue visitará novamente á nosa vila
O xoves día 25 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará novamente A Guarda. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural), o xoves 25 de marzo en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade cirúrxica, e a colaboración dos doantes é fundamental.
Para maior seguridade, cada doante debe pedir súa cita previa para doar chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
• Para doar sangue hai que almorzar, e despois de xantar esperar 2 horas.
• Non esqueza levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
• Informe ao médico se está a tomar algún medicamento .
Ningún comentario:
Publicar un comentario