15 de feb. de 2021

TOMIÑO

Protección Civil de Tomiño realizou máis de 2.000 horas de servizo no 2020  

Acaban de incorporar unha carpa ao equipamento da asociación que servirá para a realización de eventos e operativos de emerxencias 

 

A esquerda da imaxe, a tenda de campaña que foille entregada a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño - Foto: C.T.

 

Infogauda / Tomiño

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Tomiño recibiu a pasada semana unha tenda de campaña, un novo equipamento para reforzar o labor de atención cidadá e que servirá para a labores de atención e asistencia en distintos operativos como a colocación de postos sanitarios en eventos deportivos ou a realizacións de Plans de Actuación Municipais en situacións de emerxencia.   

 Recentemente a agrupación vén de presentar a memoria anual da actividade desenvolvida durante o ano 2020. Entre todos os membros da AVPC realizaron un total de 2.038 horas de traballo voluntario, participando nun total de 285 operativos entre os que figuran accidentes, incendios, rescates de animais ou entrega de alimentos e medicación a persoas maiores, entre moitos outros.  

 Do mesmo xeito, a agrupación participou en actos de difusión e concienciación do labor desenvolvido, como o realizado o día 8 de marzo polo Día Internacional de Protección Civil, cunha xornada de portas abertas no Concello de Tomiño. Realizaron simulacros e participaron en actividades de promoción da seguridade vial, como as desenvolvidas pola ANPA Mosteiro do CEP Pedro Caselles Beltrán os días 9, 10, 11 e 12 de marzo, e realizaron cursos e obradoiros de formación, como a prevención e detección da violencia de xénero ou a toma de medidas preventivas ante o COVID-19, representando este apartado un total de máis de 200 horas de formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario