O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia solicitará un pleno extraordinario polo cambio do escudo oficial
Aprobado no último pleno cos votos do Partido Popular
De esq. a der.: Elena Álvarez Pérez, Gerardo Rodríguez Refojos (portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE) e Marisa Giráldez Álvarez, na sede dos Socialistas de Oia
Infogauda / Oia
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia fixo público este luns día 1 de febreiro de 2021 un comunicado polo cal avanzan que solicitarán "un pleno extraordinario para tratar a tentativa de reescribir a historia do municipio de Oia co cambio do seu escudo histórico. Un cambio que foi aprobado no último pleno cos votos do Partido Popular".
Ao mesmo tempo o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE "presentará alegacións a este cambio no escudo municipal por considerar que non representa a historia do noso concello".
Ningún comentario:
Publicar un comentario