O Plan de Compostaxe de A Guarda permitirá a creación dun Punto Verde
Estará ubicado xunto o Punto Limpo
O Punto Limpo do Concello de A Guarda tamén acollerá o Punto Verde - Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno municipal vén de comunicar que o Concello de A Guarda, dentro da posta en marcha do seu Plan de Compostaxe que inclúe reparto de composteiros que permitirán a posta en marcha da compostaxe doméstica, vai a proceder á creación dun Punto Verde xunto o Punto Limpo da Sangriña.
O principal obxectivo do Punto Verde é o tratamento da fracción vexetal mediante compostaxe, evitando así que teña que ser recollida, transportada e tratada mediante incineración ou vertido. Esta fracción supón case un 10% do total dos residuos municipais xerados e é fundamental para un bo proceso de compostaxe.
Ese Punto Verde consistirá na realización dunha cuberta xunto o do Punto Limpo, onde a veciñanza, desde fai anos, deposita o seu material vexetal, e terá como finalidade o acopio dese material e súa trituración para obter “estruturante”, fundamental para o proceso de compostaxe.
Este proxecto estáse a pór en marcha grazas ás axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e á colaboración do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario