5 de feb. de 2021

A GUARDA

Nota de agradecemento a Corporación Municipal do Concello de A Guarda

        

 
                                      Certificación da Moción presentada           

 

A Guarda, a 05.02.2021  

 A CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG- Baixo Miño),  presentou en data 28.01.2021 por Rexistro Municipal unha Moción para que se tratara no Pleno municipal que se ía celebrar o dia seguinte. 

 Nesa Moción facíase unha exposición dos feitos que están acontecendo na empresa IKF KILN FURNITURE ESPAÑA S.A, (Antiga As Cachadas), na que despois de facer un ERTE no ano 2020 e ser suspendido por haber unha carga enorme de traballo, agora a Dirección da empresa quere proceder a enviar os tróqueles da sección de prensado para o estado de Hungría, para comezar a facer eses traballos nese País, deixando sen traballo a unha gran parte de persoas que estaban realizando ese cometido, repercutindo por tanto no resto do plantel da empresa. 

 “Nesa moción solicitábase que o Pleno da Corporación acordaran un pronunciamento/manifesto onde apoiaran que as unidades produtivas  permaneceran na factoría e non se enviaran a outros países, para evitar os posibles despedimentos  pola escaseza de traballo”. 

 Esa moción foi tratada pola vía de urxencia e tódolos grupos municipais que están representados no Concello de A Guarda, votaron a favor  por UNANIMIDADE  das/os  17 Concelleiras/os  que compoñen a Corporación. 

 Dende a CIG-Baixo Miño quere manifestar publicamente o agradecemento a  Corporación  Municipal polo seu apoio e defensa dos postos de traballo da nosa localidade. 

   

Asinado: Serafín Fernández Portela         

Secretario Unión Local do Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario