5 de feb. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda prepara un paquete de medidas dirixidas ao comercio, servizos e hostalería da vila 

•    Este paquete de medidas incluirá axudas directas para sufragar gastos vinculados a adquisición de materiais ou medios de protección fronte a COVID-19, e unha campaña de fomento do consumo local a través de bonos de compra

 

                          Casa do Concello de A Guarda - Foto: C.A.G. (Arquivo)

 Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe que "durante as próximas semanas abrirase a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos podan beneficiarse de axudas directas que lles podan axudar a sufragar todos aqueles gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección, etc."

 No comunicado dado a coñecer aos medios de comunicación social indícase que "o equipo de goberno está ademais ultimando as bases doutra convocatoria que verá a luz cando se relaxen as actuais restricións, e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e cumpran os requisitos de participación".  

 Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son: 

- A redución na taxa do lixo para negocios. 

- A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.  

- Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.  

- Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local. 

- A creación da plataforma de venda en liña www.mercanaguarda.com 

- Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes. 

- Publicación de listaxes de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento. 

- Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listaxes actualizadas de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio.  

- Publicación de listaxes actualizadas dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario