5 de feb. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda adxudica a redacción do proxecto para unha pista deportiva

•  O proxecto contempla a construción dunhas instalacións de 700m2 na zona da Atalaia, xunto ao porto

• Os afeccionados ao bicicross, patinaxe, patins, bmx,..., disporán dunha nova infraestrutura deportiva  

 

          Trazado da nova pista deportiva a ubicar preto da Atalaia - Fonte: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda adxudicou a redacción do proxecto para a construción dunha pista para a práctica deportiva que estará emprazada no entorno da Atalaia, xunto o porto da localidade. 

 Esta actuación ven a complementar ás instalacións deportivas xa existentes nesta zona, onde tamén está emprazada a pista de patinaxe e a cancha de baloncesto.  

 

                                                  Foto: C.A.G.
 

 Desde o equipo de goberno indican que "o proxecto nace das diferentes inquedanzas manifestadas polos deportistas guardeses, que deste xeito verán ampliada a oferta de instalacións deportivas existentes para a práctica de máis deportes, de acordo ás novas tendencias deportivas.  

 A idea é facer un circuito de Pumptrack cunha superficie de 700m2 onde poder practicar deportes sobre rodas coma o skate, longboard, patíns, patinetes, bmx, mtb,..., entre outros".

Ningún comentario:

Publicar un comentario