A vila de A Guarda retomará este sábado o mercadillo semanal
• Farase co 50% dos postos habituais e con todas as medidas sanitarias de distanciamento e prevención ante a COVID-19
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno Municipal, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que "o Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por Sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro".
O mercadillo quedara suspendido e só se instalaban os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos ante a evolución da COVID-19.
Asemade, desde o Concello indican: "temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da máscara e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social".
Ningún comentario:
Publicar un comentario