“O BNG TENDE A MAN AO GOBERNO MUNICIPAL PARA BUSCARLLE UNHA SAÍDA Á SITUACIÓN CRÍTICA DA PISCINA MUNICIPAL DA GUARDA”
Anxo Lois Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello guardés): “A piscina municipal conta cunhas instalacións moi anticuadas que provocan un elevado consumo enerxético (...)”
Anxo Lois Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
“A piscina municipal conta cunhas instalacións moi anticuadas que provocan un elevado consumo enerxético. De non solucionar estes problemas, en moi pouco tempo, esta infraestructura non vai ser viábel. As limitacións impostas polos protocolos da COVID-19 evidenciaron se cabe con maior claridade estas deficiencias”. Esa é a diagnose que vén de facer Anxo Lois Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda.
Segundo afirma o concelleiro nacionalista “é necesaría unha intervención urxente que debe basearse en dous eixos, compre facer un estudo que diagnostique con precisión as eivas da piscina e atendendo as súas recomendacións levar adiante un proxecto de reforma en termos de eficiencia enerxética e optimización dos servizos. Ademais urxe redactar un novo proceso de licitación dado que a actual empresa adxudicataria xa expresou a súa intención de renunciar a prórroga do contrato”.
Anxo Lois Baz concluiu dicindo “dende O BNG tendémoslle a man ao Goberno Municipal para traballar nunha solución que garanta a continuidade da piscina municipal”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario