12 de feb. de 2021

A GUARDA

A “Hostalaría Guardesa” continúa reinvindicando indemnizacións que non chegan  

· Ante o que cualifican de pasividade da Xunta de Galicia, a plataforma escenificou “un aforcamento na praza do concello”  

 

       Concentración a hostalaría na praza do Reló, diante do Concello de A Guarda 

        Fotos: J. Alonso

 

Infogauda / A Guarda

 Na mañá deste sábado día 12 de febreiro, a hostalaría, distribución e comercio, concentráronse na praza do Reló, fronte ao concello de A Guarda, para escenificar "O AFORCAMENTO literal que a Xunta de Núñez Feijóo condenou as nosas familias e empresas", segundo afirmaron dende a propia plataforma “Hostalería Guardesa”

 Dúas semanas despois do peche da hostalaría decretado por Feijóo e sen ter posto en marcha ningún tipo indemnización polo peche, a plataforma “Hostalería Guardesa” voltou saír á rúa co apoio do pobo da Guarda. 

 Durante o acto leuse un manifesto no que a plataforma indicou que a Xunta de Galicia ten que asumir as consecuencias das súas decisións. Transformaron un peche encuberto nun peche efectivo hai agora 15 días, polo que teñen que falar de indemnizacións

 “Estamos casos de ver ao presidente da Xunta falando de vacinas, axudas e plans de rescate. Queremos que deixe de falar e que cumpla coas obrigas”, concluían un grupo de afectados. 

 

Momento no que foi pendurado un figurante condeado a morte, que representa ao sector hostaleiro
 

 "Segundo Feijóo é quen de vacinar a todo o país en dúas semanas, reprochando a falta dos fármacos. Porque non é tan vivo coas nosas indemnizacións?”, comentaba outro dos manifestantes mentres se penduraba un figurante condeado a morte, que representa ao sector hostaleiro, no farol da praza. 

 Entre berros de A Guarda non ten vida, sen hostalaría!, Non imos consentir que nos aforquen! ou Indemnizacións xa!, unha praza chea de xente, trata de manter o pulso ao que pode ser un final dramático se a Xunta non responde con celeridade, tal e como vaticinan desde a plataforma cívica “Hostalería Guardesa”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario