Hostalaría Guardesa chama á mobilización en apoio ao sector
“Sairemos todos os días ás 21:30 h con cacerolas até que a Xunta reaccione”
Unha caravana de vehículos sairá o sábado día 6 ás 11:00 da mañá da esplana do Ferri (A Pasaxe) e percorrerá o centro e extrarradio da vila
Infogauda / A Guarda
A plataforma “Hostalaría Guardesa” chama á veciñanza a saír aos balcóns, ante a falta de indemnizacións ao peche decretado pola Xunta de Galicia.
“A protesta é lícita, necesitamos o respaldo masivo do pobo da Guarda, de seguir así, estamos arruinados”, recalcan desde a plataforma.
Despois de ter adiado a manifestación programada para o pasado sábado, 30 de xaneiro, pola suba de contaxios na comarca, a hostalaría vése na obriga de reanudar as protestas e facelo con forza, ante a pasividade da Xunta de Galicia que segue negando Indemnizacións polo peche da actividade.
"Ante esta agónica situación, non podemos seguir calados" din os hostaleiros, que sairán con cacerolas todos os días as 21:30h aos balcóns, ata que na Xunta reaccione", polo que piden, "o apoio incondicional da veciñanza para acadalo".
Caceroladas diarias, que se suman á caravana de coches prevista para o sábado día 6 que sairá as 11:00 da mañá da esplana do Ferri (A Pasaxe) e percorrerá o centro e extrarradio da vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario