4 de xan. de 2021

O ROSAL

O Rosal embeleceu os seus comercios con adornos feitos polas nenas e nenos do concello  

Os colexios participaron na elaboración de adornos que foron posteriormente repartidos polos comercios rosaleiros  


Infogauda / O Rosal

 Nestes días o comercio do Rosal vístese de gala dun xeito moi especial. Nos seus escaparates e tendas locen uns adornos de excepción, xa que foron elaborados con moito agarimo polas alumnas e alumnos dos colexios do Rosal.  

 Durante a última semana lectiva do ano os colexios do Rosal colaboraron nesta iniciativa do Concello que agora busca contribuír a que os reis magos fagan as súas compras en clave local, nos establecementos e comercios do municipio.  

 


 

 Debuxos, pezas xeométricas en tres dimensións, manualidades e moitos máis adornos froito da creatividade das nenas e nenos rosaleiros son o resultado desta iniciativa, que o concello distribuíu polos diferentes establecementos.  

 “Trátase dunha iniciativa moi bonita na que as persoas máis novas do Rosal, as nosas nenas e nenos, xa están a axudar e contribuír a mellorar o noso municipio coa súa creatividade e co seu agarimo” declaraba a alcaldesa, Ánxela Fernández, que engadía que “comprar no comercio local é moi importante sempre, pero este ano é esencial que apostemos polos comercios das nosas veciñas e veciños”.

 O Concello da comezo así a unha semana repleta de actividades en torno á chegada dos Reis Magos con espectáculos e percorridos polos barrios cumprindo con todas as medidas de prevención. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario