A hostalaría guardesa voltará saír a rúa o sábado 6 de febreiro
Desta vez súmase o Sector da Distribución, moi afectado polo peche da hostalaría
A imaxe corresponde á concentración do sector desenvolvida o sábado día 23 de xaneiro de 2021
Plataforma “Hostalería Guardesa” / A Guarda
A Plataforma “Hostalería Guardesa” preferiu adiar a manifestación que tiña previsto para este sábado día 30 de xaneiro, na búsqueda dun formato máis seguro e acorde as circunstancias sanitarias, tendo en conta os resultados epidemiolóxicos dos últimos días.
Á espera da autorización pertinente, que agardan ter nos próximos días, a hostalaría guardesa sairá a rúa cun novo formato: realizarase nunha caravana de coches o próximo sábado 6 de febreiro.
Desde a plataforma anúnciase que desta volta vai sumarse o sector da distribución, tamén moi afectado coas medidas de restriccións e peche do Sector da Hostalería.
A caravana da hostalaría percorrerá as rúas da vila evidenciando así a paisaxe desoladora que deixa un pobo cunha das súas actividades principais pechadas.
Unha nova mobilización para reinvindicar unha vez máis, as Indemnizacións inmediatas que axuden a cubrir as perdas derivadas das restriccións e peche da hostalaría decretado pola Xunta de Galicia.
A plataforma “Hostelaría Galega” agradece, de antemán, o apoio que dende o primeiro momento están recibindo por parte do comercio local e da veciñanza da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario