21 de xan. de 2021

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PROPÓN A INTEGRACIÓN NO EIXO ATLÁNTICO PENINSULAR

O edil de Converxencia Galega, afirma: "Dada  a nosa condición de arraianos, participar no Eixo Atlántico é o natural polos vínculos históricos, culturais, económicos e familiares co Norte de Portugal"

 

                     Celso R. Fariñas, concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

 

Infogauda / A Guarda 

 Para seu debate, e aprobación, se procede, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, vén de presentar á seguinte iniciativa:

MOCIÓN: INTEGRACIÓN DO CONCELLO DE A GUARDA NO EIXO ATLÁNTICO PENINSULAR 

 Tendo en conta os distintos proxectos que emanan da Unión Europa para a rede de cidades transfronteirizas dentro da rede de cidades do Eixo Atlántico, entidade que promove a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.        

 O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular naceu  en 1992 como unha asociación transfronteiriza de concellos/câmaras que configuran o sistema urbano da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, formando parte da entidade cerca de 40 concellos galegos e cámaras municipais portuguesas cunha poboación de case 7 millóns de habitantes 

 Entre os seus obxectivos está promover o desenvolvemento e a cohesión económica, social e cultural dos asociados, fundamentalmente en: turismo, cultura e educación, deporte e sostibilidade. 

 Dada  a nosa condición de arraianos, participar no Eixo Atlántico é o natural polos vínculos históricos, culturais, económicos e familiares co Norte de Portugal. 

 Neste momento crucial, marcado polo COVID-19, poderemos participar na planificación de novos proxectos e propostas para definir o destino dos fondos de reconstrución da Unión Europea. 

 Tendo en conta que o Artigo 4 dos Estatutos do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular establece que os Entes Locais de Galicia poderán formular solicitude de adhesión, acompañada do acordo do órgano plenario do ente que esté interesado na integración, 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, que previo informe de Secretaría e Intervención, vimos a proponer para o seu debate e aprobación da seguinte MOCIÓN: 

PRIMEIRO: O Concello de A Guarda, solicita a súa adhesión e integración no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

SEGUNDO: Dar traslado do ACORDO PLENARIO o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. 

A Guarda, a 17 de xaneiro do 2021 

   

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario