11 de xan. de 2021

A GUARDA

Suspendido o servizo de Ferry-Boat entre Caminha e A Guarda

• A alta incidencia de casos por coronavirus e as restricións de mobilidade en ámbalas dúas beiras do Río Miño obrigan á suspensión do servizo 

 


Infogauda / A Guarda

 Na xornada de hoxe, luns día 11 de xaneiro de 2021, o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda deu a coñecer o seguinte comunicado.

 "O Alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado a determinación da suspensión do servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario. 

 Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos Municipios do Rosal e Tomiño. 

 A decisión de levantar esta suspensión queda arestora determinada en función da evolución da situación epidemiolóxica no municipio de Caminha e en Portugal, tendo en conta tamén o mesmo factor no concello da Guarda e en Galicia".

Ningún comentario:

Publicar un comentario