Polo impago da paga extraordinaria de Nadal
O COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA DENUNCIOU OS FEITOS DIANTE DA INSPECCIÓN DE TRABALLO
Infogauda / Vigo
O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano na cidade de Vigo, vén de facer público o seguinte comunicado:
Tras a comunicación por parte de dirección de Vitrasa de que non ía abonar a paga extraordinaria de Nadal, como así sucedeu, o comité de empresa denunciou os feitos ante a Inspección de Traballo e presentou un escrito no Concello de Vigo solicitando a mediación do Goberno local no conflito.
Esiximos o pago inmediato da extra e que o Concello exerza a súa función sancionadora polo incumprimento do prego de condicións do servizo de transporte urbano.
Na xuntanza mantida esta mañá entre o comité e a empresa, a dirección asegurou que o asunto está en proceso de solución. Esta mesma tarde confirmou que o pago por parte do Concello estaría aprobado, o que lle permitiría a Vitrasa abonar a débeda.
Con todo, mentres non se produza o pago da extra e se garanta o cobro da nómina de decembro, os traballadores/as van celebrar unha asemblea este sábado ás 12 da noite nas instalacións da empresa na que se abordará a situación e se decidirán posíbeis medidas de presión, sen descartar incluso unha convocatoria de folga.
Vigo, 18 de decembro de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario