Subvención para a execución das obras de mellora de camiños municipais
En Vilamean e Goián
Infogauda / Tomiño
Pola Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER concedeuse unha subvención de 46.320,00 € ao Concello de Tomiño para a execución das obras de MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN VILAMEAN E GOIÁN, actuación incluída no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.
O importe da subvención finánciase de acordo coa seguinte desagregación por fontes cofinanceiras:
FEADER – Unión Europea 75,00% 34.740,00 €
MAPAMA-Administración central 7,50 % 3.474,00 €
XUNTA DE GALICIA-Administración autonómica 17,50 % 8.106,00 €
TOTAL 46.320,00 €
Ningún comentario:
Publicar un comentario