A Policía Autonómica localiza un petróglifo sen catalogar no Concello de Mondariz
Coa colaboración cidadá cun veciño, os axentes descubriron unha rocha gravados no monte Cabaleiro da parroquia de Vilar
O Servizo de Patrimonio confirmou que o petróglifo non figuraba no inventario de xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra
Infogauda / Mondariz
Coa colaboración cidadá dun veciño, axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo localizaron un petróglifo no concello de Mondariz. Tras realizar unha inspección da zona descrita descubriron unha rocha con gravados no monte Cabaleiro, na parroquia de Vilar.
Os axentes realizaron as xestións correspondentes co servizo de Patrimonio aos que comunicaron o achado e o lugar onde se produciu para que puidesen proceder á súa valoración e posterior catalogación e inventariado. De feito, o servizo de Patrimonio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra confirmou que este petróglifo non figuraba no inventario de xacementos arqueolóxicos da provincia pontevedresa.
A súa localización produciuse posiblemente como consecuencia dos incendios de outubro de 2017, tras os que a chuvia limpou a zona e a terra que cubría a rocha e o seu gravado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario