10 de dec. de 2020

O BAIXO MIÑO

OS ESTUDANTES DE TUI PARTICIPAN NO PROXECTO “EDUQUEMOS NA DIVERSIDADE”

ELABORADO POLA ASOCIACIÓN TRANS MIÑO

 

  Alumnos da ESO de Tui que participan no Programa “Eduquemos na Diversidade”

 

Infogauda / O Baixo Miño 

 O Programa “Eduquemos na Diversidade”, enmarcado dentro do proxecto “Rachemos coa LGTBIfobia no Val Transfronterizo do Miño”, que dende a Asociación Trans Miño LGTBIQ+ están realizando nos centros educativos da comarca do Baixo Miño, “e cuxos fins son a educación en valores de igualdade e para prevención da intimidación, acoso e a LGTBIfobia tanto no recintos escolares como fora deles, está tendo moi boa acollida, indica Xermán Cordero Verde, presidente da Asociación Trans Miño LGTBIQ+.   

 Durante todo o mes de novembro e principios de decembro - engade Xermán Cordero -, este programa foi levado a bo termo polo presidente de Trans Miño LGTBIQ+, sendo técnico en orientación sexual e identidade de xénero aparte de técnico en igualdade, e o psicólogo da asociación, nos centros educativos do Concello de Tui, tendo como destinatarios o alumnado da ESO.

 Dentro do programa Eduquemos na Diversidade, efectúase unha enquisa, co obxectivo e coñecer as posibles agresións tanto físicas como verbais con motivo de LGTBIfobia,

 Nestes momentos  o proxecto “Rachemos coa LGTBIfobia no Val Transfronterizo do Miño” onde se enmarca dito programa de Eduquemos na Diversidade, está na segunda fase das catro que forman o proxecto. 

 Esta segunda fase, consta de estudar o datos recollidos nos centros educativos de Tui, para poder facer unha análise de como está a poboación estudantil ante agresións de contidos LGTBIfobicos. Estes datos, serán presentados oficialmente despois destes períodos vacacionais que se achegan, desde Trans Miño LGTBIQ+ contamos poder presentalos para mediados do mes de xaneiro

 Finalmente Xermán Cordero indica: Cara principios do segundo trimestre educativo, Trans Miño conta con impartir este proxecto nos demais centros educativos, tocando o Concello de Tomiño e o de A Guarda, co obxectivo de coñecer os posibles datos de agresións tanto físicas como verbais con motivo de discriminación por razón de condición sexual

Ningún comentario:

Publicar un comentario