Nova Xunta Directiva IEM
ACTA DA XUNTA ELECTORAL ACTUANTE NAS ELECCIÓNS Á NOVA XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS
Constituida esta Xunta Electoral para o desenvolvemento e control do proceso electoral para á elección dunha nova Xunta Directiva do IEM o día 22 de setembro de 2020, e diante das circunstancias extraordinarias provocadas pola pandemia da Covid-19 existente, e ante a imposibilidade de convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria como así xa fora anunciada pola Xunta Directiva para o dia 26 de outubro deste ano polas restriccións dispostas pola Xunta de Galicia para a súa celebración, esta Xunta Electoral comunica que só se presentou unha Candidatura para á renovación da Xunta Directiva, conformada por:
Director: Hermida Lago, Juan
Vicedirector: Vilar Pedreira, Xosé Lois
Secretario: Casal Núñez, Pablo
Tesoureiro: Buceta Abalde, Marcos
E, ao teor do así disposto no apartado d) do artigo 4 do vixente Regulamento Electoral do IEM, que faculta a esta Xunta Electoral para “resolver sobre calquera cuestión que afecte ás eleccións, sendo a súa decisión vinculante” e, ao non se presentar máis dunha Candidatura co que esta queda automáticamente proclamada como Nova Xunta Directiva, e facultámola para que como tal poda xa actuar como así se expresa no artigo 10, ainda que pendente da súa ratificación pola Asemblea Xeral dos socios en canto ésta se poda celebrar legalmente, esta Xunta Electoral resolveu na súa Xuntanza do día 19 de outubro de 2020 validar dita proclamación como axustada a dereito e aos Estatutos do IEM.
A Xunta Electoral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario