Cunha charla de Fernando Rego e a música de Helen & Shanna
A programación cultural da pasada fin de semana na vila tivo como protagonista a música
Vista parcial do respectable público que asistiu ao concerto
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado día 5 de decembro, a Casa dos Alonso acolleu os dous primeiros eventos culturais da Axenda de Nadal 2020 do Concello de A Guarda.
A través da Concellería de Cultura, retomouse o proxecto “Música nos Xardíns”, paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para poñer en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.
Vista parcial da afluencia á conferencia de Fernando Rego
A actividade arrancou o pasado sábado día 5 de decembro no Salón de Plenos do Concello, cunha charla a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”, onde os asistentes puideron comprobar como foi a historia da música en Galicia, facendo un repaso polos diferentes grupos que marcaron musicalmente a nosa comunicade en cada década.
Unha vez rematada a devandita charla, foi a quenda do grupo local Helen & Shanna, que realizou a súa actuación na Casa dos Alonso. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
Ligazóns:
Vídeo da charla:
https://www.youtube.com/watch?v=NBCr4JVok1s
Vídeo do concerto:
https://www.youtube.com/watch?v=PnUIUNRd9zo
Toda a programación do Nadal premendo eiquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario