O COORDINADOR DO GES DE A GUARDA PRESENTOU SÚA RENUNCIA IRREVOCABLE
Considera "que chegou o momento de tomar esta decisión, sobre todo, polo malestar xustificado que provocaría entre os compañeiros/as do servizo, a dilatación no tempo da figura de Coordinador como posto de libre designación".
Infogauda / A Guarda
O traballador cuxa identidade cónstanos, pertencente ao Servizo de Emerxencias do Concello de A Guarda, unha vez notificado verbalmente ao concelleiro Delegado do Servizo o día 17/12/2020 e na reunión mantida o día 21/12/2020 coa concelleira de Persoal, vén de informar por escrito - dirixido ao Sr. Alcalde do Concello de A Guarda e ao Departamento de Persoal - súa "renuncia irrevocable como Coordinador do GES de A Guarda".
Segundo refire o aludido traballador, "a aceptación ao devandito cargo, unha vez que se me ofreceu debido a extraordinaria situación provocada polo COVID-19, estaba supeditada a devandita circunstancia excepcional (...)", polo que considera "que chegou o momento de tomar esta decisión, sobre todo, polo malestar xustificado que provocaría entre os compañeiros/as do servizo, a dilatación no tempo da figura de Coordinador como posto de libre designación".
Por outra parte, o devandito traballador presenta tamén súa "renuncia irrevocable dos seguintes postos:
· Responsable de grupo, figura que está xerando un conflicto interno no servizo pola forma na que se creou e na que designouse ao persoal.
· Persoa encargada dentro do servizo, para a entrega de EPIS e velar para que se leve a cabo a planificación preventiva do servizo, considerando que o máis axeitado, para evitar conflictos internos, [é] que a devandita función recaia na direción ou xefatura do servizo, tendo en conta a consulta e participación dos traballadores.
Co exposto, póñome a enteira disposición do Concello para seguir colaborando en todo o posible, xunto aos compañeiros/as na mellora do servizo".
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Posteriormente, en data 21 de decembro de 2020, o alcalde de A Guarda adoitou á seguinte resolución:
Expediente 2685/2019
Resolución da Alcaldía
Mediante decreto 2020/0850, de 30 de xullo de 2020 acordouse asignar temporalmente as funcións de Coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Concello de A Guarda a don (omitimos o nome e apelidos do traballador), persoal laboral fixo municipal, motivada por razóns excepcionais de servizo e organizativas.
En data 21 de decembro de 2020 (RE-2789) don (omitimos novamente o nome e apelidos do traballador) presenta renuncia ao cargo de coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (...)".
En virtude das facultades que lle confire o ordeamento xurídico, o alcalde resolveu:
"1.- Aceptar a renuncia de don (omitimos o nome e apelidos do traballador) como Coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Concello de A Guarda.
2.- Notificar a presente resolución ao interesado así como dar traslado ao departamento de Intervención municipal".
Ningún comentario:
Publicar un comentario