“Cada palabra conta”
O Concello de A Guarda avanza na conservación e recuperación do patrimonio histórico
Coa dotación dunha insfraestructura onde albergar o Arquivo Histórico Municipal
Na imaxe, os módulos que acollerán o Arquivo Histórico Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno Municipal, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fixo público no día de hoxe, que o Concello de A Guarda vén de instalar na vella Casa Consistorial (salón de plenos e as antigas dependencias de alcaldía), o mobiliario específico para albergar o novo Arquivo Histórico Municipal, que arestora atópase repartido en dous edificios, o Centro Cultural de A Guarda e a antiga Casa Consistorial, o que permitirá unificar nun so espazo todos o documentos que o concello ten arquivados, mellorando e optimizando á súa vez o servizo de consulta, tanto para o persoal municipal coma para o público xeral que precise consultar datos do arquivo.
“CADA PALABRA CONTA”
Baixo o lema “Cada palabra conta”, comeza a materializarse a idea de dotar ao concello de A Guarda dunha insfraestructura onde albergar o Arquivo Histórico Municipal, A iniciativa non resulta novidosa xa que nace da proposta feita no seu día polo historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa motivación inicial xunto coa do persoal do propio concello vai dar resposta á demanda cidadá de contar cun espazo onde albergar o patrimonio histórico de A Guarda.
“Nestes dous últimos anos, dende o concello de A Guarda, xunto coa estreita colaboración da Deputación de Pontevedra, recopilamos diferente material e en especial, dixitalizáronse libros e fotografías antigas de diferentes fondos privados que foron e son cedidas ao concello para a súa salvagarda. Non solo nos encargamos de custodialas nos nosos fondos, senón que son vertidas na plataforma ATOM da Deputación de Pontevedra para uso e desfrute da curiosidade da cidadanía” , dixo o alcalde Antonio Lomba Baz.
“O Arquivo Histórico Municipal debe desenvolverse - engadiu o alcalde - como unha institución pública en beneficio de toda a poboación, ademais de que esta seguiría sendo a principal depositaria de documentación. Sen embargo, este arquivo terá una actitude proactiva ao estar aberto a recibir documentación de natureza privada ou semiprivada (arquivos familiares, de asociacións, colectivos, etc.). En calquera caso, este estará adscrito á rede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, seguindo as súas pautas e empregando a normativa estándar na plataforma ATOM”.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO ARQUIVO HISTÓRICO MUNICIPAL
Estes novos módulos, cun orzamento total de 39,159.61€, foron instalados con cargo a unha subvención para o equipamento e mellora das instalacións locais, da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
A nova ubicación do arquivo conta con armarios equipados con estantes e bastidores para poder soportar as carpetas, reforzados para garantir una carga por estante de 100 Kg/m. Uniformemente repartidos, dispoñen de tope posterior e regulables en altura, con accesorios varios, como suxeita libros, carpetas colgantes, etc.
Os armarios dispoñen de sistema de bloqueo xeral e elemento para evitar o acceso pola parte frontal. Todos os paneis de peche e acabado teñen chapa de aceiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario