22 de dec. de 2020

A GUARDA

A nova empresa adxudicataria do transporte público de viaxeiros, entre A Guarda e Vigo, e viceversa, comeza a prestar seu servizo

Desde este mércores día 23 de decembro de 2020

 



Infogauda / A Guarda

 A unión temporal de empresas (UTE) Lugove - integrada por Asistencia Técnica Maturo, Empresa Raúl e Autocares Fadista, xunto coas alacantinas Subús Grupo de Transporte, Secc Automóvil S.L., Ángel Mariano Molla S.A. e Autobuses del Triángulo - é a adxudicataria do novo contrato de servizo regular de transporte público de viaxeiros licitado pola Xunta de Galicia para o Baixo Miño, dentro do Plan de Transporte Público de Galicia.

 Hai que destacar que neste novo contrato hai algúns cambios importantes como unha mellor comunicación co Campus Universitario de Marcosende - As Lagoas (CUVI), e os hospitais do Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro; ou unha liña circular entre A Guarda e O Rosal. Ademais destas melloras haberá unha redución das tarifas para aquelas persoas que utilicen a tarxeta prepago de transporte e para a xente moza.  

 Nos itinerarios publicados pola Xunta de Galicia hai un erro referido a A Guarda que se corrixirá nos próximos días. A parada A Guarda (Concepción Arenal, 87) non existe, e hai que substituíla por Rosalía de Castro s/nº, fronte o Centro Cultural.  

 Toda a información dispoñible sobre novo plan de transporte, incluídos itinerarios, paradas e horarios pode consultarse na páxina web www.bus.gal . Ademais a empresa dispón dunha páxina web na que publica os horarios www.lugove.gal.  

 A información sobre itinerarios, horarios e paradas (A Guarda-Vigo, por Tui, e viceversa),  pode consultarse aquí. 

 A información sobre itinerarios, horarios e paradas (A Guarda-Vigo, por Baiona, e viceversa), pode consultarse aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario