15 de dec. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PROPÓN Á AMPLIACIÓN DA PLANTILLA DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (G.E.S.) 

O concelleiro de Converxencia Galega alerta que estamos diante dun problema moi grave

 

                  Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

 

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, no Concello de A Guarda vén de pronunciarse sobor da situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.), con base en A Guarda, e fíxoo nos seguintes termos:

CONVOCATORIA PARA BOLSA DE TRABALLO NOS G.E.S.  

 No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 231  do pasado luns día 30 de novembro, formando o Expediente nº 2383/2020, aparecen “BASES E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE A GUARDA PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL” 

 Leída a convocatoria, atopamos que isto non é máis que un “saúdo a bandeira” que non vén a resolver o grave problema que nestes momentos afecta ao G.E.S. con base no noso Concello, donde xa é habitual que moitas veces os grupos de servizo estén compostos por DOUS (2) compoñentes e a ausencia total e absoluta de reténs, dado que moitos deles viven fora da nosa localidade e no caso dunha gran emerxencia, tardarían máis dunha hora en incorporarse, polo tanto a creación desa bolsa de traballo, non resolve nada (da a impresión que non se quere arranxar o problema real) e no noso caso, reiteramos que estamos diante dun problema moi grave. 

 Polo tanto, ainda sendo grave o asunto ten solución lóxica e práctica cunha ampliación de plantilla do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (G.E.S.) para que sexa operativo e con garantías. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, reiteramos que a creación da Bolsa de Traballo, non da solución a EMERXENCIA que temos no G.E.S. 

A Guarda, a 14 de decembro do 2020        

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario