A programación do Nadal 2020 achega á vila animación, ledicia, música, maxia,...
• O xoves ás 17:00 horas, na Praza do Reló, concerto do Coro Infantil do Conservatorio Elemental de Música (inscrición previa).
• O sábado ás 17:30 horas, no Centro Cultural, espectáculo de maxia con “O Cinematomago”(inscrición previa).
• A programación conta con diversas propostas, tendo sempre en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, nalgunhas das cales é preciso realizar inscrición previa.
Infogauda / A Guarda
Continúa desenvolvéndose na nosa vila a programación de actividades do Nadal 2020, e seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00 horas na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda. En caso de chuvia quedaría anulado.
Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
O venres 18 de decembro ás 17:00 horas, a vila contará cun divertido e diferente pasacalles musical con “O Belén de Pulpiño”, do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Esta proposta que percorrerá as rúas da vila para amenizar o paseo vespertino - se a chuvia o permite - non precisa inscrición previa.
Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples instrumentos: divertidas repicochas galegas ou o clásico "Noite de Paz", interpretado cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. En caso de chuvia o show quedaría aprazado para outra data.
De cara a fin de semana teremos doble sesión para o sábado 19. Ás 12:00 horas nova entrega de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participarán pandereteiras da vila, que actuarán na Praza de Avelino Vicente, interpretando cantigas tradicionais e de Nadal.
Posteriormente, ás 17:30 horas, no Centro Cultural, espectáculo de maxia “O Cinematomago”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión agárdannos neste novo espectáculo do Mago Paco.
O “Cinematomago” é unha personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, repasando os diferentes clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia e convertendo esas típicas escenas nun espectáculo máxico ao vivo, coa colaboración imprescindible do seu público. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
PROPOSTAS PARA A VINDEIRA SEMANA
Coa chegada das vacacións de Nadal, incorporaranse novas propostas para os mais cativos, como “Os carteiros de Nadal”, que recollerán as cartas dos nenos o martes 22 e o mércores 23, de 17:00 a 20:00 horas; e o xoves 24 de decembro, de 10:30 a 13:30h.
O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro ás 17:30 horas, no Centro Cultural, co espectáculo infantil “Zona en obras”, de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.
Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
E no mes de xaneiro, o sábado día 2, ás 17:30 horas, o Centro Cultural acollerá a representación da obra de teatro infantil “O Crebanoces”, de Larraitz Urruzola. Unha función inspirada no conto de Hoffmann, para público infantil e familiar, duns 60 minutos de duración. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñada para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “Carteiros do Nadal” regresarán ás rúas da Guarda o sábado 2, luns 4, en horario de 17:00 a 20:00 horas; e o martes 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas.
O martes 5 de xaneiro terá lugar a visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde dende os balcóns e ventás das vivendas da vila, as luces que se repartirán entre os nenos guiarán as Súas Maxestades. As luces, de fabricación local, serán repartidas ao longo desta semana polos diferentes centros educativos da vila, para que os Reis Magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que á veciñanza ten que deixalas colocadas nas fachadas das casas.
Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda
• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente. Do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
• AS XANELAS DO NADAL
Concurso de decoración. Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda
• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
3 e 4 de Xaneiro, pide previamente no Centro Cultural, o teu código de acceso web, antes do 23 de decembro chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario