24 de dec. de 2020

A GUARDA

A ASOCIACIÓN INFOMAXE FELICITA A RAMÓN GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Autor da maqueta da Igrexa da Soidade, de Vigo

 


De esq. a der.: Ramón González, autor da maqueta da Igrexa da Soidade, e o párroco D. Alberto Cuevas

 

 Celso Rodríguez Fariñas* / A Guarda

 Dende a nosa Asociación, queremos felicitar a Ramón González González, pola gran recepción que tivo a pasada fin de semana, cando o acompañamos a trasladar a maqueta da Igrexa da Soidade de Vigo, cuia presentación aos feligreses desa Parroquia,  se convertirá nun dos actos da celebración do 50 Aniversario de dito templo.  

 Unha casualidade, deu a unión neste proxecto a D. Alberto Cuevas e a Ramón González, que como vértice, o achega máis a nosa localidade, xa que unha das rúas lindeiras ca Igrexa da Soidade, está adicada o noso poeta do mar,  Feliciano Rolán.  

 

A maqueta de Ramón González González fronte o templo da Parroquia da Soidade, de Vigo

 

 Recordar que D. Alberto Cuevas, pasou a súa infancia e parte da xuventude na nosa localidade, concretamente en A Pasaxe de Camposancos, donde seu pai estaba destinado no Destacamento da Fronteira, e alí, confraternizou ca “Cueva” do Celso, e con outros compañeiros, como Melero, donde destacaba no fútbol local, ata que a familia tivo que marchar, por cambio de posto de pai.  

 De todos os xeitos, seguiu mantendo vínculos ca nosa zona, pois, sendo xa sacerdote, estivo en O Rosal, o que lle facilitaba estar con amigos da infancia no noso pobo.   

 As atencións recibidas por parte de D. Alberto e seus colaboradores, foi moi grata, donde, cunha charla amena, referiu as orixes de dito tempo, e nos atendeu, ata poucos minutos antes de ter que dar inicio os actos relixiosos que tiña programados. 

 * Secretario da Asociación InfoMAXE

Ningún comentario:

Publicar un comentario