20 de dec. de 2020

A GUARDA

UN SINAL DE TRÁFICO "AGOCHADO"

Urxe reubicar o poste informativo instalado fai varios días

 

                         O poste informativo tapa o sinal de dirección prohibida

  

Infogauda / A Guarda

 A carón da Torre do Reló, a construcción máis antiga no centro do que foi a vila intramuros, hai un sinal de dirección prohibida que desde fai uns días está "agochada", pois alguén tivo a "idea" de instalar un panel informativo "a bandeira", composto por un elemento vertical metálico e por cinco "bandeiras" esmaltadas que ademáis do brasón heráldico  - non normalizado nin axustado á normativa vixente - do Concello de A Guarda, indica en que dirección podemos atopar a Oficina de Turismo, por onde podemos ir para chegar ao porto, ao exconvento de San Bieito, e a accesibilidade pola rúa Cervantes.

 

        Pormenor do poste informativo que "agocha" o sinal de dirección prohibida
 

 Non sabemos - nin tampouco nolo propuxemos - quen deu á instrucción de ubicar ese poste nese lugar, tapando prácticamente na súa totalidade - dependendo do lugar onde nos atopemos, por exemplo dentro de un automóbil, pode ser incluso na súa totalidade -, un sinal de tráfico que indica dirección prohibida, que viña empregándose precisamente para sinalizar a prohibición de circular nesa dirección para todos os vehículos. 

  É o máis sorprendente é o que o devandito poste atópase a menos de 100 metros de distancia da Casa do Concello.

 Tendo en conta que a rúa Colón posúe un tramo - desde a rúa Baixo Muro ata a rúa Concepción Arenal - no que en condicións normais, únicamente pódese transitar de xeito peonil, sería recomendable que o sinal de dirección prohibida quede visible no prazo máis breve posible, pois no estado no que se atopa desde fai uns días é unha verdadeira temeridade e poida - sen ánemo de xulgar - unha irresponsabilidade. Dito sexa, obviamente, sen ánimo de molestar a ninguén.

 Polo ben de todos, que non haiba que lamentar ningún sinistro por causa do "agochamento" da devandita sinal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario