1 de dec. de 2020

A GUARDA

Asociacións de A Guarda recibiron formación sobre liderazgo 

O concello vai poñer en marcha unha campaña para a creación do Banco de Voluntariado municipal

 

  A sesión formativa tivo lugar o pasado sábado no salón de actos do Centro Cultural

 

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal vén de informar que o pasado sábado, o salón de actos do Centro Cultural de A Guarda acolleu unha xornada de formación adicada especialmente aos colectivos e asociacións existentes no municipio. 

 Esta xornada de formación, que se estendeu dende ás 10:00 ata ás 14:30h, estivo guiada por Susana Rodríguez, psicóloga social, que desenvolveu ferramentas para traballar e desenvolver un liderazgo participativo, positivo, dinámico e comunitario, estratexias esenciais para acadar os obxectivos que perseguen día a día estas asociacións. 

 A sesión formativa tamén serviu para dar a coñecer ás asociacións de A Guarda o recentemente aprobado Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións e que ten coma finalidade establecer o marco xurídico regulador, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do ámbito territorial do Concello de A Guarda. 

 Na sesión adiantouse tamén a campaña do concello para a posta en marcha do Banco de Voluntariado municipal, que pretende ser un recurso que teñan en conta as asociacións e colectivos municipais.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario