30 de nov. de 2020

TOMIÑO

Tomiño conta xa con WIFI de balde na praza do Seixo  

A rede é accesible tamén no Campo da Feira e estará dispoñible proximamente no núcleo urbano de Goián

    Praza do Seixo (Tomiño)

        Foto: Gustavo Rivas
  

Infogauda / Tomiño

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de Tomiño que preside á alcaldesa Sandra González Álvarez, vén de facer público que os veciños e veciñas de Tomiño que visiten a praza do Seixo ou o campo da Feira xa poden conectarse de balde á rede WIFI de alta velocidade “WIFI4EU”, que vén de ser activada.  

 A instalación deste servizo foi posible grazas a que Tomiño foi un dos 510 municipios do Estado (só unha ducia deles galegos) que se beneficiou da axuda concedida pola Unión Europea para financiar  a instalación de wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos (parques, edificios municipais, etc.). Na convocatoria da axuda participaron case 10.000 concellos, sendo Tomiño o único concello da comarca en contar con esta axuda.  

 A instalación da rede foi feita pola empresa Fibralar, e proximamente estará dispoñible tamén noutros espazos públicos do núcleo de Goián como o auditorio, a praza Pintor Antonio Fernández ou o mercado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario