TRANS MIÑO LGTBIQ+ ENTREVISTOUSE COA ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO
CO OBXETIVO DE ESTABLECER LAZOS DE COLABORACIÓN
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Varcarcel, na xuntanza con Manuel Abril e Xermán Cordero
Informa: Trans Miño LGTBIQ+
A asociación Trans Miño LGTBIQ+ tras a presentación ante a concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas, a comisión formada por Manuel Abril, coordinador da Comarca do Condado Paradanta, como o presidente da Asociación Xermán Cordero Verde, tiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Varcarcel. Na devandita reunión presentáronse as actividades que desde a Asociación Trans Miño levan facendo, que xa forman parte da súa catálogo por definición. A alcaldesa comentou que desde o Concello, estanse a facer unha campaña moi forte apostando pola igualdade, pondo como exemplo o “concurso de slogans contra a violencia de xénero”.
Nesta primeira toma contacto, a alcaldesa mostrouse moi interesada polo programa “Eduquemos na Diversidade”, programa que vai pola segunda edición, e que estáse a desenvolver nun instituto de Tui, onde está tendo moi boa acollida, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado. Este programa vai dirixido o alumnado da ESO onde os obxectivos do programa son darlle a información aos escolares sobre a diversidade afectivo sexual, e a prevención das conductas LGTBIfobicas e Homfobicas.
Outra iniciativa que mostrou moito interese, foi o “Programa Arcoiris” que consiste na prevención das agresións por LGTBIfobia nos distintos festivais que dende o Concello de Salvaterra de Miño se organizaría.
Tanto por parte da alcaldesa Marta Varcalce, como por o coordinador da comarca, e o presidente, acordaron manter unha liña aberta de contacto para establecer as posibilidade de colaboracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario