11 de nov. de 2020

PONTEVEDRA

Aberta a convocatoria para a selección de persoal para o programa 'trOPOS'  

O vicepresidente César Mosquera lembra que o obxectivo da iniciativa é mellorar os procesos selectivos das administracións locais e aumentar a calidade dos servizos e da atención á cidadanía 

 


Infogauda / Pontevedra 

 A Deputación de Pontevedra ten xa aberto o proceso de selección de persoal para o programa ‘trOPOS', unha iniciativa que pretende revolucionar e mellorar os procesos selectivos e oposicións nas administracións locais para conseguir que as persoas que consiguen unha praza na función pública sexan na teoría, e tamén na práctica, as máis acaídas para o seu posto.  

 Segundo indicou hoxe o vicepresidente César Mosquera, impulsor do programa, o obxectivo final deste plan é aumentar a calidade da prestación de servizos e da atención á cidadanía por parte da administración, algo para o que é fundamental contar con persoal ben formado e capacitado. Neste sentido, Mosquera animou "ás persoas máis cualificadas" a presentarse.  

 O prazo para presentar as solicitudes finaliza en dez días hábiles contando dende hoxe, é dicir, o vindeiro 24 de novembro. As bases especifican que a Deputación busca contratar dúas persoas funcionarias no posto de técnico especialista en Recursos Humanos, integrado no grupo A1, que estarán adscritas funcionalmente ao Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, compatible co SAIM.  

 A función dos postos de funcionario interino de ‘Técnico especialista en procesos selectivos' será desenvolver o programa ‘trOPOS', isto é, elaborar guías e programas de formación para o funcionariado sobre as normas e regras que se deben adoptar para mellorar os procesos selectivos en todas as súas fases: redacción de bases e probas e recomendacións para os tribunais en canto á corrección, entre outras cuestións.  

 Así mesmo,as ou os técnicos que contratará a Deputación para desenvolver ‘trOPOS' deberán buscar a información necesaria, definir e redactar as funcións das prazas e/ou postos de traballo que se determinen; definir os coñecementos, habilidades, capacidades e competencias que se consideran necesarios para o bo desempeño desas prazas; definir as probas que se poderían incluír no proceso selectivo, así como a xustificación da súa idoneidade para medir o perfil adecuado para as prazas; propoñer de xeito motivado o peso relativo de cada unha das probas que integren o proceso selectivo, así como, de ser o caso, os méritos para valorar; elaborar rúbricas holísticas ou analíticas, segundo os casos, para a corrección e valoración de cada proba dos procesos selectivos que as precisen; elaborar táboas de especificacións para o proceso selectivo no seu conxunto; e elaborar e redactar guías para os tribunais, tanto xenéricas coma específicas, así como asesorar sobre o contido de ‘trOPOS' programa ás persoas que formen parte dos tribunais dos procesos selectivos.  

 Como perfil para as persoas aspirantes a formar parte de ‘trOPOS' requírense entre outras competencias básicas e técnicas, competencias transversais como "desempeño do liderado e coñecemento do seu soporte teórico, capacidade de comunicarse con precisión e adaptarse ás e aos interlocutores, formación de equipos ou grupos de traballo co soporte teórico correspondente, actitude e disposición favorable á adquisición de novas aprendizaxes, capacidade de traballo en equipo e de ter unha relación correcta coas demais persoas integrantes do equipo, disposición para realizar ecisiónment os labores que corresponda desempeñar, capacidade de tomar ecisión unha vez analizadas as alternativas posibles e de argumentar ecisiónmente e con precisión as ecisión adoptadas.  

Sistema de selección baseado no propio programa  

 Para cubrir as dúas prazas técnicas que se encargarán de ‘revolucionar' os procesos selectivos de concellos e Deputación a través de ‘trOPOS' a institución provincial estableceu un sistema de oposición libre que xa incorpora os mecanismos máis adiantados do propio programa.  

 Reduciuse o temario a 25 temas moi centrados, concretos e definidos, incorporando aqueles contidos que se consideran mínimos imprescindíbeis para o desempeño dos postos convocados. Os exercicios para superar están deseñados para garantir que en calquera dos casos ou supostos que puideran suceder as persoas aspirantes cumpran a condición mínima de ter un dominio suficiente de todos e cada un dos temas do programa e das competencias do perfil. Por esta razón, no primeiro exercicio inclúense preguntas de todos os temas e penalízase o descoñecemento dun número significativo de temas e/ou dalgunha das tres partes do programa.  

 A fiabilidade das probas trata de mellorarse co recurso máis eficaz, de contemplar preguntas de todos os contidos e de todas as competencias que se pretenden medir, explican as bases. En canto á validez, procúrase que sexa elevada utilizando exclusivamente mostras de traballo reais ou realistas no segundo exercicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario